'As descalzas' amósannos "a ciencia do caldo de ósos"

Taboada
1 Marzo 2019
Turismo
Redacción | 1 de marzo de 2019
Comer o caldo de ósos en Taboada é o propio, e facelo na emblemática Casa Descalzo é unha experiencia auténtica. Mariluz e Olga, coñecidas na vila como “ as descalzas” polo nome do seu establecemento de comidas traballan ao longo de todo o ano e son especialistas en varios pratos, o caldo de ósos é o máis demandado nesta época do ano. Por algo recibiron no ano 2013 o Premio de Gastronomía de Galicia a ‘Toda unha Vida’ de dedicación aos fogóns e ao lume. Nós quixemos entrevistalas, e con certa resistencia e moita humildade, falaron claro coas portas abertas da súa casa e a calidez da súa cociña. Vai a “ a ciencia do caldo de ósos”.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis