Asinado o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra con varias accións de mellora e promoción

Parada de Sil
28 Outubro 2020
Patrimonio
Redacción | 28 de outubro de 2020
O Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra foi asinado en Santa Cristina de Ribas de Sil a través dun convenio entre a Xunta, a Fegamp e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A finalidade é a de protexer, xestionar e ordenar a paisaxe neste territorio. Levaranse a cabo unha serie de accións cun orzamento de 550.000 euros. Entre elas están a realización de murais e esgrafiados, a delimitación de itinerarios de interese paisaxístico, a organización de eventos culturais e de lecer e unha mostra itinerante.
Hoxe asinouse o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sara. Trátase do primeiro acordo deste tipo que une Lugo e Ourense, as dúas provincias interiores de Galicia. O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil fi o escenario para escenificar a posta do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A finalidade é a de protexer, xestionar e ordenar a paisaxe que conforman os 21 concellos que se integran nesta área.

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu este acto que será o inicio dunha serie de accións neste territorio entre os canóns do Sil e do Miño e que levarán un orzamento de 550.000 euros. Estarán destinados á realización de murais e esgrafiados, á delimitación de itinerarios de interese paisaxístico, á organización de eventos culturais e de lecer e a unha mostra itinerante que percorrerá toda Galicia.

O Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra -o segundo que se firma en Galicia, despois do de Cerdedo-Cotobade. En realidade, o pacto é un dos dez proxectos que integran o Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, que puxo en marcha o departamento que dirixe e que está dotado cun orzamento de 3,5 millóns de euros, e que representa unha estratexia de actuación ambiental e de ordenación do medio físico beneficiando nun total de 30 municipios.

Algúns dos proxectos están xa materializados, como a unificación das dúas áreas de especial interese paisaxístico nunha, a declaración da Área Integral da Ribeira Sacra e a convocatoria de axudas para a financiación de accións en materia de rehabilitación, e a recuperación dos espazos públicos grazas aos investimentos a cargo do Plan hUrbe, cun total de oito actuacións en senllos concellos desta zona e que suman un importe de 650.000 euros. Tamén, no eido da ordenación, salientou o Plan de Ordenación do Medio Físico para San Fiz de Asma, no Concello de Chantada.

O plan estratéxico tamén inclúe medidas para dar a coñecer o patrimonio natural da Ribeira Sacra, polo que se traballa na posta en marcha da iniciativa Árbores con historia, unha nova ruta específica para esta zona que seguirá o esquema das tres rutas xa existentes (Santiago-Rías Baixas, Ourense Occidental e Ourense Oriental), co fin de divulgar os elementos incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, que se localizan na futura Reserva da Biosfera.

Aconselleira destacou que "Galicia atesoura paisaxes espectaculares e únicas, que na Ribeira Sacra se concentran nos incomparables canóns dos ríos Miño e Sil e que son un auténtico reclamo para o turismo sostible con capacidade de xerar emprego e riqueza, un aspecto clave no desenvolvemento económico de poboación local".
Concello