Aventura e obstáculos na I Chantada Wolf Survival Race
Chantada
4 Outubro 2018
Deporte
Redacción | 4 de outubro 2018
A Chantada Wolf Survival Race reuniu na vila do Asma a máis de 500 deportistas amantes das carreiras cun plus de aventura. Trátase da primeira proba OCR que se impulsa na comarca organizada por un grupo de deportistas locais amantes desta disciplina. Para facela posible contaron coa apoio do Concello e tamén do campión de España Lluís Barbé
Era a primeira e resultou ser un éxito rotundo de participación. A Chantada Wolf Survival Race reuniu na vila do Asma a máis de 500 deportistas amantes das carreiras cun plus de aventura. Trátase da primeira proba OCR que se impulsa na comarca grazas á motivación dun grupo de deportistas locais que recemente se interesaron por unha disciplina en auxe en España. Para facela posible contaron coa apoio do Concello e na organización, do campión de España, Lluís Barbé.
A combinación da velocidade e os 35 obstáculos estratexicamente repartidos en distintos puntos do circuíto fixeron aos participantes ser nadadores, escaladores, atletas e moitas facetas en unha soa proba. Competiron en tres categorías diferentes: A competitiva, a starter e a popular.
Na categoría competitiva os tres primeiros clasificados foron Jesús Montoto, Nilton Monteiro e Damián Espasandín na masculina. En feminina profesional os mellores tempos para superar estas probas foron os de Paula Esteiro, Ola Estelle e Mari Carmen Cid.
Na modalidade starter o terceiro clasificado queda na casa; é o atleta chantadino Adrián López Baltar que completou o percorrido nunha hora 23 minutos e 37 segundos. O segundo foi Adrian Inclan Graña e o primeiro Gabi Bastos. En femininio o premio foi para Sonia Veigas.
Toni Guerra foi o primeiro da categoría popular cun tempo dunha hora, nove minutos e 13 segundos. Seguido por uns segundos de Miguel Sánchez e Manuel González. Na categoría feminina foi Lorena Pérez Gómez a que fixo un mellor tempo, seguida de Enma Prada e de Liliana Mabel López…..
Todas e todos competiron e gozaron durante unha mañá de aventura inesquecible que deixa o listón alto para unha desexada vindeira edición.
Concello

Chantada
Saber máis