Baños de bosque, ideas para un turismo de benestar e consciente na Ribeira Sacra

Chantada
9 Outubro 2019
Turismo
Redacción | 9 de outubro de 2019
Adentrarse na natureza é benestar e terapia e conéctanos co noso interior. Iso non é ningún segredo para a xente do rural e da Ribeira Sacra que sabe gozar do contorno, pero si que é unha experiencia que cobra valor engadido guiada e feita dun xeito consciente. Conecta co turismo de benestar para o que este territorio é destino idóneo e tamén coa corrente Mindfulness, que responden nada menos que a unha necesidade social. A procura dos respiros e retiros en saúde e anti estrés en contraste cos ritmos dun sistema  económico, laboral e vital veloz que nos afasta da natureza e de nós mesmas/os. Chantada e Taboada acolleron un exitoso curso para potenciais formadores impulsado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra  e a Asociación Ribeira Sacra Rural e impartido polo profesor e creador de Mindfulkit, Édgar Tarrés. Foi dentro dun convenio coa Axencia Galega de Turismo para a creación de novos produtos turísticos.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis