Carreira popular ou andaina solidaria a escoller en Carballedo

Carballedo
11 Abril 2019
Deporte
Redacción | 11 de abril de 2019
A Carreira Popular de Carballedo virá acompañada, o 4 de maio, dunha andaina e dun fin solidario. Ademais do atractivo trail Entre Carballos Centenarios, a merenda con produtos da zona e os xogos para as crianzas con saborosos premios, a proba deportiva que chega á súa quinta edición recadará fondos para axudar a  Afachantada. O colectivo traballa en toda a comarca e loita por achegarse ao rural  para facilitar os complementos ao coidado das persoas maiores e dependentes, e sobre todo aqueixadas con demencias. O Concello de Carballedo presentou a programación da carreira popular e da andaina, para as que xa é posible anotarse na web www.championchipnorte.com
Concello
Concello Carballedo
Carballedo Saber máis