Casas de bonecas: paixón, oficio e perfección nun museo obradoiro

Monforte de Lemos
9 Decembro 2019
Cultura
Redacción | 9 de decembro de 2019
Ata que visitamos o museo de casas de bonecas non soubemos cantos mundos, canto traballo e canta arte pode haber nunha cousa tan pequena. Josela e Paco teñen pasado moitos días e noites creando fogares inspirados na arquitectura e na vida de fogares tan distintos e tan distantes como pode ser un antigo pazo ou un cortijo andaluz. Son moitos moitos anos de oficio na procura da perfección, e iso había que amosalo. Por isto, decidiron apostar por regresar á Ribeira Sacra e amosar a beleza dunha pequena parte de todo o que sae do seu obradoiro de beleza en miniatura, ao último detalle. Témolo na Praza da Estación de ferrocarril, en Monforte

Concello