Cereixas na ribeira do Miño nun ano atípico

Saviñao
22 Maio 2020
Sector Primario
Redacción | 22 de maio de 2020
Os vermellos das cereixas asoman na #RibeiraSacra nunha primavera demasiado atípica. Colleita adiantada, pero en parte estragada polas pasadas chuvias e treboadas nas variedades temperás. Moitas e moitos xa tiveron ocasión de saborealas e a nova quenda agarda nas cerdeiras a que chegue a madurez definitiva e a que lles boten a man. O sector produtor e o consumidor non terá este ano feiras e festas dedicadas ao saboroso froito, que supuxo tradicionalmente un complemento económico importante para as familias ribeirás. Pero podemos buscalas en tendas e mercados.
Concello