Chega a necesaria sinalización e algunhas melloras no Camiño de Inverno

Chantada
9 Novembro 2020
Patrimonio
Redacción | 9 de novembro de 2020
Un total de 1,2 millóns é o orzamento da Xunta de Galicia para a mellora da sinalética no Camiño de Inverno en 14 concellos de Galicia. Neste orzamento tamén se inclúe a mellora do solo e o seu ensanchamento en determinados puntos. O titular de Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou estas accións esta fin de semana en Chantada de cara ao progresivo regreso dos peregrinos e peregrinas e das pisadas nesta ruta da propia veciñanza de zonas como a Ribeira Sacra e Valdeorras, polas que atravesa esta alternativa a Compostela. Súmase iso ao albergue de Diomondi, no Saviñao, e ao estudo doutra hospedaze na localidade de Rodeiro.
A necesaria mellora e sinalización do Camiño de Inverno dará un agardado paso nas vindeiras semanas. A Xunta investirá 1,2 millóns de euros   para   acondicionar   e   mellorar   a   sinalización   de   case   200   quilómetros   desta ruta xacobea que atravesa en parte a Ribeira Sacra entrando en Galicia por Valdeorras dende Ponferrada.

Realizaránse actuacións neste itinerario ao seu paso por 14 concellos. Así o explicaba esta fin de semana en Chantada o vicepresidente primeiro do Goberno Autonómico, Alfonso Rueda, que precisou que os traballos   comezarán  nestes días  e  terán  un  prazo   de  execución   duns   6 meses. A través deste Plan, a idea é mellorar e unificar a sinalización, con cunchas en parede, fitos de pedra ou sinalética doutras clases.No caso dos concellos de Valdeorras   (Rubiá,   Carballeda   de   Valdeorras,   o   Barco   de   Valdeorras   e   a   Rúa), vanse empregar mouteiras de lousa. As actuacións previstas tamén contemplan rehabilitar  tramos  de camiño, con actuacións  como adecuación  do solo ou das anchuras, para que sexan homoxéneos co resto de itinerarios.

Por outra banda investirase 1,5 millóns deica 2022 neste itinerario dentro do Plan de mantemento dos camiños. O Plan de Albergues da Xunta, dotado con 7 millóns en total para toda a comunidade, contempla a habilitación do albuergue do Saviñao no Pazo Episcopal de Diomondi e outro en Rodeiro, que está en fase de estudo.

O titular de Turimo , Alfonso Rueda, avanzou que o obxectivo é seguir adiante cos plans pese ás restriccións sanitarias co obxectivo de recibir peregrinos e visitantes en canto sexa posible e especialmente cara o Xacobeo 2021. Neste eido, tamén se pensa en accións que máis aló das infraestruturas contemplen medidas sanitarias para facer o Camiño seguro. Para iso teríase presentado o  Plan para   corredores   peonís   no   Camiño   Francés,   que   se   vai   estender   ao   resto   de itinerarios.   Neste   Plan   reúnense   todas   as   directrices   sanitarias   elaboradas  do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis