Cociñando a Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Taboada
17 Febreiro 2020
Turismo
Redacción | 14 de febreiro de 2020 
O caldo de ósos chegará acompañado de intensa acción os días 22 e 23 de febreiro en Taboada. Nós xa temos preparadas as culleres para gozar da gran festa gastronómica da comarca. O menú que foi presentado xa xunto ao festival FestÓso. O sábado terán lugar múltiples citas arredor desta festa coa ruta osovinícola con música polos bares de Taboada e xa pola noite festival con grupos pop, indie e hip hop vencellados á comarca. Xa o domingo feira de produtos artesanais e de produción local, pregón, actuacións musicais, degustación popular do caldo de ósos e xantar nos bares e restaurantes da vila. Tamén haberá exposicións e exhibicións de coches clásicos, madeira e patrimonio inmaterial do lume.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis