Comezan as citas co Amandi como previa á Feira do Viño de agosto

Sober
27 Xullo 2021
Viño
Redacción | 27 de xullo de 2021
O Concello de Sober presentou a 41ª Feira do Viño de Amandi, que será os días 11 e 12 de agosto, coincidindo coa Feira da Rosca. Unha chea de actividades relacionadas coa cultura do viño precederán nestas datas unha cita que este ano contará con control de acceso para cumprir coas normas sanitarias. Será preciso contar con entradas, nos vindeiros días saberemos como se conseguen.

O Concello de Sober presentou a 41ª Feira do Viño de Amandi, que será os días 11 e 12 de agosto, coincidindo coa Feira da Rosca. Unha chea de actividades relacionadas coa cultura do viño precederán nestas datas unha cita que este ano contará con control de acceso para cumprir coas normas sanitarias.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e a concelleira Raquel Arias presentaron hoxe na rotonda do carreteiro a programación e o seu cartel anunciador, obra de Eduardo Pérez Bahamonde. O Concello de Chantada será o convidado de honra na edición deste ano.

 

ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI

Martes 3 de Agosto:

-Ás 10:00 horas no Centro Sociocultural: Xornada Tecnica: ‘O Castiñeiro de Froito: Planificación e deseño de plantacións’.

Organiza: I.X.P. Castaña de Galicia.

Xoves 5 de Agosto:

- Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras. Cata comentada de viños rosados da Subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra). Dirixe: Cristina Mantilla, Enóloga e docente no CPR Belarmino Fernández de Rosende.

Venres 6 de Agosto:

-Ás 12:00 horas na oficina de turismo: Presentación da exposición permanente do material atopado nas escavacións de Proendos.

Luns 9 de Agosto:

-Ás 13.30 horas no Restaurante BERSO: Xantar&Maridaxe.

Dirixe a Sumiller Elisabet Castro.

Martes 10 de Agosto:

-Ás 19:00 horas no C.P.R Belarmino Fernández de Rosende: Xornada técnica ‘Aprende a Catar’ (nocións básicas e diferenza de variedades galegas). Dirixe a sumiller Isabel Lozano Verdes.

Mércores 18 de Agosto:

-Ás 22:00 horas na Praza do Toural, Concerto de Gin Toni´s.

Sábado 21 de Agosto:

-Ás 20:00 horas na Praza do Toural, Concerto da Banda de Música de Muimenta.

Venres 27 de Agosto:

Ás 22:00 horas na Praza do Toural. Concerto á luz da lúa coa Banda de Música de Sober.

Do 1 ao 30 de Agosto no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLI Feira do Viño de Amandi.


PROGRAMA DE ACTOS DA XLI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Mércores. 11 de Agosto.

Ás 11:00 horas: Apertura Oficial a cargo da familia de Benito Rivas Valdés, co-fundador da Feira do Viño de Amandi, falecido recentemente.

-Ás 11:15 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.

-Ás 12:00 horas: PREGÓN.

Xoves 12 de Agosto.

-Ás 11:00 horas. Actuación de Os Xograres de Lemos.

-Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Con un xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da añada de 2020, un premio para viños brancos da añada de 2020 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra

-Ás 13:30 horas: Entrega de premios do Concurso de Cata. 

Acceso á feira con entradas

Para acceder á feira será preciso ter entrada. O recinto estará delimitado e haberá control de aforo para cumprir coas normas sanitarias en vigor. O Goberno local informará nos vindeiros días de como facerse coas entradas de acceso aos postos.

 

CONCURSO DESEÑO DE CARTEIS

Con respecto ao cartel desta edición presentáronse 40 orixinais ao concurso. Os deseños chegaron de diferentes puntos do Estado. O gañador foi Eduardo Pérez Bahamonde de Vilalba e concedéronse áccesit aos traballos presentados por Isabel Núñez Montero de Pontevedra, Alfonso Giménez Ventura de Betxí (Castellón), Maica Otero Cores, de A Illa de Arousa e Irimia Codés Lillo, de Lourenzá.

Concello