Confrontar a Ribeira Sacra III:'Otro tren'

Ribeira Sacra
27 Febreiro 2020
Cultura
Redacción | 27 de febrero de 2020
Camiños de ferro, de ida e de volta, surcan o territorio do que moitas e moitos marcharon facer as américas. As cartas, tamén de ida e volta, foron moitas veces os únicos lazos familiares da emigración galega nas primeiras décadas do s. XX. Os trens da vida, a historia nas misivas da avoa e a posta en valor do ferrocarril, hoxe vido a menos, son os protagonistas desta viaxe slow que hoxe estreamos na Canle Ribeira Sacra. Gonçalo Mota e Miren Gurutza deixáronnos estoutra peza como resultado da residencia documental ‘Confrontar a Ribeira Sacra’, impulsada por Airoá Comunicación e coa colaboración de Chantada Comunicación S.L. hai agora un tempo.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra