Conta atrás para a gran cita co caldo de ósos

Taboada
22 Febreiro 2019
Turismo
Redacción | 22 de febreiro de 2019
En Taboada levan 28 anos de exaltación do seu prato máis senlleiro e distintivo: o caldo de ósos. Tradicionalmente facíase polas datas da matanza, pero actualmente a Festa do Caldo de Ósos serve para volver degustar o mellor da gastronomía local e amosar este prato ao mundo nas datas do Entroido. A unha semana vista, o Concello de Taboada xunto ao colectivo de hostaleiros e comerciantes e a mocidade que organiza o Festival Festóso, presentaron a programación que nos agarda para os días 2 e 3 de marzo nesta vila que se encherá con múltiples actividades paralelas para todos os públicos.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis