Na poda con Pepe Gay

Chantada
30 Marzo 2020
Viño
Redaccion | 30 de marzo de 2020
O viño faise na viña. Iso é o que pensan os/as que son do parecer de Pepe Gay. Día tras dia da súa vida percorre o camiño dende a vila de Chantada cara ás ribeiras do Miño, onde coida e mima o pan da familia: os viñedos de Adegas Amedo. Hoxe Lorena Gay, unha das súas fillas, está á fronte da emblemática firma de tradición familiar Adegas Amedo, da que o Pepe ‘dos Gaios’ foi o fundador. 

Fillo de taberneiro, leva o amor pola cultura do viño na xenética. Home de ideas firmes e gran conversador, baúl de anécdotas e viviencias que garda máis que conta, é toda unha institución na Ribeira Sacra.  Hai unhas semanas, no medio dun proxecto no que andamos a traballar, tivemos a sorte de sorprendelo na poda e arrancarlle unha valiosa conversa da man de Iván Olmedo.

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis