Dani Corvo, campión da Spain Backyard Ultra, con novo reto internacional en outubro

Castro Caldelas
29 Setembro 2020
Deporte
Redacción | 29 de outubro de 2020
Nada menos que 32 voltas e 32 horas seguidas correndo para completar finalmente 208 quilómetros son a marca do gañador da segunda edición da Spain Backyard Ultra celebrada na Ribeira Sacra: o vigués Dani Corvo.
Castro Caldelas acolleu a pasada fin de semana esta proba única para corredoras e corredores de ultrafondo.  O percorrido circular marcado, de 6,7 quilómetros, tiña que completarse unha vez cada hora e quen non lograra o obxectivo ía sendo eliminado/a. O récord está en 68 loops (voltas) e 456 quilómetros. Sol, chuvia, néboa, frío e esgotamento tamén tomaron parte no acontecemento para dotalo de máis valor e dificultade. Gonzalo Novoa e Francisco Iglesias foron segundo e terceiro respectivamente con 31 e 30 xiros en cada caso. A aventura foi para un total de 100 deportistas e aconteceu do sábado 26 de setembro ao domingo 27.

Pero a ultra da Ribeira Sacra ourensá non remata aquí e o reto continuará o vindeiro 17 de outubro, coa gran final mundial sincronizada en 19 países. España estará representada por 15 corredres que a partir das 14,00h. comezarán esta nova carreira final novamente dende Castro Caldelas, coa opción de lanzar a un novo campión mundial de ultrafondo dende a Ribeira Sacra.

Fotografía: Miguel Rúa 
Concello