Despedida do curso escolar por todo o alto

Carballedo
24 Xuño 2019
Social
Redacción | 24 de xuño de 2019
Vaia festa para dar por iniciadas as vacacións dos e das escolares! Xogos inchables para brincar, mollarse a gusto sen recibir reprimenda, non pensar nos deberes da aula, gozar dunha merendola en compaña, e contar coa sempre ben recibida escuma branca non semellan mal plan para simbolizar o remate do curso e o comezo do periodo estival. No rural tamén hai moito do que gozar nos días de lecer que agardan, e no Concello de Carballedo quixeron homenaxear ás nenas e aos nenos con esta pequena despedida do curso, unha tarde seguramente inesquecible na memoria da infancia.
Concello
Concello Carballedo
Carballedo Saber máis