Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 5 de setembro de 2019
Hoxe a postal da Ribeira Sacra amósase máis escura e pobre.O lume e o fume asolagaron hoxe o Val de Lemos. O temido visitante fixo acto de presenza unha vez máis no rural tocando ao final do verán. Neste día negro para a comunidade, onde se manteñen activos varios incendios, as lapas arrasaron con máis de 700 hectáreas de superficie, segundo as cifras oficiais actualizadas o 11 de setembro. Fincas próximas a vivendas nas parroquias monfortinas de Cinsa, Baamorto, Tor, Seonae ou A Vide, monte raso, bosque de piñeiros e outras especies esmoreceron cunha impactante velocidade difícil de controlar a causa dos fortes ventos. Medios profesionais aéreos e terrestres repartíronse un durísimo traballo que contou coa colaboración da veciñanza, con apeiros de labranza, tractores e cisternas nun filme que xa vimos demasiadas veces no rural, hai un días mesmo en Quiroga. O pesadelo do lume que volta cada tempada e trae consigo recorrentes reflexións...
Concello