Día das Letras Galegas: Fraguas, pioneiro no estudo do patrimonio prehistórico do Saviñao

Saviñao
16 Maio 2019
Cultura
Redacción | 16 de maio de 2019
A Real Academia Galega instituía en 1963 o Día das Letras Galegas para render homenaxe á creación literaria galega e tamén á nosa lingua. Tal festa para a comunidade galega ven hoxe cargada de matices, enfoques e xeitos de vivila en tempos de crise para a nosa fala, que non para o seu uso na riquísima creación cultural. Se o 17 de maio de 1863 se publicou en Vigo ‘Cantares Gallegos’ de Rosalía, 156 anos despois esta data serve para render homenaxe ao pontevedrés Antonio Fraguas Fraguas. Dende a literatura, a historia, a etnografía e a antropoloxía, Fraguas achegou a reivindicación do patrimonio noso xa na primeira parte do s.XX, un exemplo é a posta en valor dos castros e monumentos megalíticos do Saviñao, na Ribeira Sacra.
Concello