Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 4 de maio de 2019
Arredor dunhas 400 persoas xuntáronse na tarde so sábado en
Carballedo para gozar dun percorrido de natureza en pleno esplendor primaveral.
Os corredores loitaron contra a dureza dunha carreira popular que chega á súa
quinta edición e que case se pode inserir na modalidade de trail. Mentres, os
que optaron polo percorrido de andaina aproveitaron unha tarde perfecta para
respirar verde, auga e tamén plasmar a sua colaboración cunha recadación
benéfica a favor de AFACHANTADA, a asociación que traballa con persoas
dependentes e en prol da súa actividade mental e física na comarca.
Concello
Carballedo
Saber máis