Esa música soa a #igualdade. Obradoiros audiovisuais colexio Eloísa Rivadulla de Chantada

Chantada
19 Xuño 2020
Educación
Redacción | 19 de xuño de 2020
Na procura da #igualdade hai que darlle a volta á sociedade. As nenas e os nenos de primaria aprenderon ollar con perspectiva de xénero. As mensaxes sexistas están por todas partes, e, ás veces, tamén na música. Por isto, o alumnado, moi actualizado no tema dos clips musicais, quixo darlle a volta á situación e á canción. No colexio Eloísa Rivadulla de Chantada aproveitaron o poder da música e do audiovisual para lembrar que o 'feminismo' é o movemento que loita pola igualdade de dereitos e oportunidades entre xéneros. 
Este traballo co alumnado resúmese neste cuarto capítulo dos obradoiros audiovisuais levados a cabo co Concello de Chantada durante o curso que remata. Campaña de sensibilización en materia de igualdade e prevención contra a violencia machista dirixida especialmente á poboación infantil e xuvenil'. Trátase dun proxecto da concellería de Igualdade do Concello de Chantada en todos os centros educativos do municipio en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (#CIM) e financiado en 2019 con fondos do Pacto de Estado de Estado contra a violencia de xénero, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dende a Secretaría Xeral de Igualdade

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis