Escenas para a Igualdade na adolescencia dende o IES Val do Asma

Chantada
17 Xuño 2020
Educación
Redacción | 17 de xuño de 2020
As relacións tóxicas, as violencias machistas, os estereotipos, os abusos, a homofobia, a 'cousificación' das mulleres e outras discriminacións por cuestión de xénero ou orientación sexual son foron os temas escollidos polo alumnado do IES Val do Asma Chantada para representar a través da interpretación e guión en varios sketches de escenas aínda familiares no ámbito da adolescencia. Aquí che deixamos un novo vídeo resumo, que é o terceiro capítulo capítulo dos obradoiros audiovisuais pola #Igualdade impulsados dende o Concello de Chantada nos centros educativos do municipio. Campaña de sensibilización en materia de igualdade e prevención contra a violencia machista dirixida especialmente á poboación infantil e xuvenil'. Trátase dun proxecto da concellería de Igualdade en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (#CIM) e financiado en 2019 con fondos do Pacto de Estado de Estado contra a violencia de xénero, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dende a Secretaría Xeral de Igualdade (Igualdade na Rede).

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis