Escolares de Ribas de Sil conmemoran o Día Mundial do Turismo na Cubela

Ribas de Sil
26 Setembro 2019
Turismo
Redacción | 26 de setembro de 2019
 A Ribeira Sacra, e en concreto a  zona  que integra tamén o Xeoparque Montañas do Courel, foi o destino escollido pola Deputación de Lugo para celebrar cos/as escolares do CEIP San Clodio, de Ribas de Sil O Día Mundial do Turismo. A responsable desta área, Pilar García Porto, acompañada polo alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, e membros da Corporación local, percorreron xunto aos escolares e profesorado un pequeno treito da Ruta da Cubela co fin de promover as posibilidades educativas do patrimonio e do contorno natural máis próximo. Recibiron explicacións do arqueólogo Iván Álvarez Merayo, sobre a minería romana, a vexetación, a arquitectura tradicional e as propias singularidades que levaron ao territorio de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel  a lograr esta distinción.
Concello