Espiga, unha unión en prol da bioconstrución en Galicia

Monforte de Lemos
25 Setembro 2019
Desenvolvemento
Redacción | 25 de setembro de 2019
Igual que nos preocupa a alimentación saudable para o noso corpo, tamén hai quen traballa por unhas vivendas mais sás para nós e para o noso planeta e o noso territorio. Sorprenderíanse da cantidade de persoas que nos pasados días se reunirón na Ribeira Sacra motivados por un interese común: a bioconstrución. Un concepto moi amplo e con distintos matices que alberga a construción e rehabilitación de inmobles dunha maneira sustentable, que se vencella coa construción bioclimática, ética e eficiente dende a localización aos materiais e técnicas que non esquecen a arquitectura tradicional de cada lugar e os oficios. O Pazo de Tor, en Monforte, foi sede para o VI encontro impulsado por ESPIGA, a necesaria asociación galega para a bioconstrución.
Concello