Fin da vendima na Ribeira Sacra con algo máis de 5 millíons de kg. recollidos

Ribeira Sacra
9 Outubro 2020
Viño
Redacción| 9 de outubro de 2020
Este mércores, 7 de outubro, entraron nas adegas as últimas uvas recollidas na D.O. Ribeira Sacra nesta campaña. Así remata, de xeito oficial, a vendima con  5.244.049 quilos de uvas recollidos. Despois de que o 2019 fora o ano da vendima máis abondosa na D.O. Ribeira Sacra, a campaña 2020 péchase segundo as previsións despois dun ano complicado. A primavera chuviosa fixo que os fungos atacasen na vide e no froito máis do habitual. Segundo declarou o pdte. do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez cumpríronse as espectativas dun ano difícil, xusto na campaña consecutiva á de maior produción rexistrada (2019). En resumidas contas a campaña sáldase cun pouco menos dun 15% menos de colleita dun ano normal, segundo declaran dende o organismo que ampara a preto de 100 adegas O estado da uva tería sido óptimo e tamén o nivel de acidez.
O saldo é o seguinte, por variedades:

Variedades tintas:

•             Mencía: 4.296.530 k

•             Garnacha: 134.607 k

•             Sousón: 112.462 k

•             Brancellao: 51.574 k

•             Merenzao: 50.072 k

•             Caíño: 28.424 k

•             Tempranillo: 25.024 k

•             Mouratón: 5.355 k

•             Grao Negro: 1.425 k

Variedades brancas:

•             Godello: 412.948 k

•             Albariño: 62.717 k

•             Treixadura: 44.125 k

•             Dona Branca: 8.875 k

•             Branco lexítimo 4.430 k

•             Torrontés: 3.060 k

•             Loureira: 2.511 k

 


 


Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra