Concellos
Data inicial
Data final
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa | 9 de febreito de 2020
O entroido máis auténtico, o que ven das raíces e non se
deixou morrer, reviviu esta fin de semana na Ribeira Sacra. A tradición pagá universal que conecta ás persoas entre sí e
coa natureza, cos ciclos do ano, coa ledicia de vivir, co rirse do acontecer e co
enterro momentáneo das penas, dende Brasil a Santiago da Riba, ten que poñerse
no lugar que merece. O esforzo das persoas que manteñen e alimentan as esencias
da cultura ancestral máis positiva nun rural que desaparece merece ser valorado.
A asociación de Amigos do Entroido Ribeirao logrou encher de cor e de xente a
aldea ribeirá de Santiago, en Chantada, inaugurando tempada coa unión de nada
menos que nove entroidos rurais galegos. Tres deles son tesouros do patrimonio
inmaterial da Ribeira Sacra: O Oso de Salcedo, os Felos de Esgos e o propio Ribeirao de Chantada.
Concello
Chantada
Saber máis