Gundivós: a responsabilidade dun oficio ancestral entre mans

Sober
14 Xuño 2019
Patrimonio
Redacción | 14 de xuño de 2019
Elías "carga" con paixón e devoción esa responsabilidade de continuar cun oficio que se perdía, cun patrimonio que desaparecía como tantos outros. E o feito de que falemos dunha das olerías ancestrais máis antigas da península ibérica, a de Gundivós, fai que a responsabilidade sexa aínda maior. Quedan en Sober dous artesáns que comparten este saber único en estreita relación co medio e co territorio. Elías González e tamén Tomás López teñen entre as súas mans unha herdanza de valor incalculable; unha das tres olerías tradicionais que perviven en Galicia da que nos fala con total entrega o responsable do centro oleiro Rectoral de Gundivós. Case 20 anos de aposta profesional por unha das marcas de identidade da Ribeira Sacra.
Concello