'Home de madeira'

Chantada
2 Agosto 2019
Patrimonio
Redacción | 2 de agosto de 2019
A madeira asolagada das ribeiras do Miño, a madeira dos hórreos esquecidos, a madeira das cubas sen viño e dos carros que xa non cantan. Esa madeira é a que busca e coida co cariño dun pai Fernando Ibarra, un carpinteiro que viaxa ao pasado para traelo de volta. Gonçalo Mota e Miren Gurutza estiveron no seu obradoiro cheo de tesouros e o carpinteiro falou do seu traballo, do seu amor pola madeira e pola nosa cultura de ribeira e de aldea. 'Home de madeira' é un traballo enmarcado na residencia documental ‘Confrontar a Ribeira Sacra’, impulsada por Airoá Comunicación e coa colaboración de Chantada Comunicación S.L.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis