Igualdade, machismo, feminismo: conceptos, opinións e debate no IES Lama das Quendas

Chantada
11 Xuño 2020
Educación
Redacción | 11 de xuño de 2020
#Igualdade/ Equidade de xénero/ #Feminismo/ machismo/ roles de xénero/ estereotipos / sexo / xénero/ micromachismos/ violencia / conceptos / opinións ...
"Sempre hai alguén que non se entera", como di neste vídeo algún alumno do IES Lama das Quendas, e por iso é fundamental a sensibilización de toda a sociedade. Este traballo cos/coas adolescentes resúmese no segundo capítulo dos obradoiros audiovisuais levados a cabo durante o curso que remata co Concello de Chantada.  'Campaña de sensibilización en materia de igualdade e prevención contra a violencia machista dirixida especialmente á poboación infantil e xuvenil'. Trátase dun proxecto da concellería de Igualdade do Concello de Chantada en todos os centros educativos do municipio en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (#CIM) e financiado en 2019 con fondos do Pacto de Estado de Estado contra a violencia de xénero, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dende a Secretaría Xeral de Igualdade (Igualdade na Rede).

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis