III Festival do viño da Ribeira Sacra de Monforte

Monforte de Lemos
7 Xullo 2019
Viño
Redacción | 7 de xullo de 2019
O paseo do Malecón, no rio Cabe, foi unha vez máis un escenario ideal para o Festival do viño da Ribeira Sacra de Monforte. Nesta terceira edición participaron 25 adegas de distintas zonas da denominación de orixe dos viños. Durante tres xornadas os/as asistentes puideron desfrutar dunha ampla e variada oferta de viños e enfrontarse nun momento idóneo para a última colleita. Un evento pausado con actividades paralelas como a gastronomía local e tamén de varias actuacións musicais e de danza. A rapazada tamén tivo o seu espazo con obradoiros e outras accións deseñadas para o público infantil. Houbo tamén rutas polas ribeiras e por suposto, visitas ás adegas.
Concello