Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 17 de abril de 2019
San Pedro de Rocas é un lugar máxico, iso percíbese segundo
se respira o seu contorno e se pisa a rocha sobre a que se construíu o
mosteiro. Recuncho espiritual de anacoretas e eremitas situado nas orixes do
que hoxe coñecemos como Ribeira Sacra; emprazado
no municipio de Esgos foi estes días novamente lugar de actualidade dende as
investigacións científicas deica os misterios máis atractivos para o recoñecido
“xornalista do descoñecido”, Iker Jiménez. O presentador televisivo foi levado,
durante a súa participación na ICC Week de Ourense, a somerxerse, da man do Presidente da
Deputación, José Manuel Baltar, nas entrañas deste convento e no contorno das
súas emblemáticas tumbas antropomorfas.
Concello