Máis de 900 voces xuntas na Romaría Coral Galega

Chantada
1 Xullo 2019
Cultura
Redacción | 1 de xullo de 2019
A Coral Polifónica de Chantada foi este ano a organizadora do maior evento deste tipo de agrupacións que ten lugar no circuíto galego: a XVI Romaría Coral Galega. O pobo implicouse dende o primeiro momento para acoller un concerto no que algo máis de 30 corais e 900 voces soaron ao unísono na vila do Asma. A Rúa Xoán XXIII luciu un escenario de considerables dimensións para organizar as voces que cun repertorio moi escollido e coa colaboración da Banda de Música de Chantada encheron a tarde baixa da xornada dominical que pechaba o mes de xuño na Ribeira Sacra
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis