Mar López Sotelo presenta un libro co seu estudo sobre os esgrafiados

Ribeira Sacra
15 Xullo 2021
Patrimonio
Redacción | 15 de xullo de 2021
A antropóloga Mar López Sotelo presentou estes días a súa obra ‘Esgrafiados na Ribeira Sacra e no Camiño de Santiago. Obras de arte e simbolismo nas parades’, un traballo no que se recollen mostras desta técnica ornamental que se usa na decoración dos muros e fachadas e que inclúe unha exposición de fotografías que se pode visitar neste momento no instituto Campus Stellae de Santiago.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas- participaron no acto de lanzamento deste traballo, onde se destacou a súa vocación divulgativa.

Neste sentido a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a relación dos esgrafiados co Camiño de Santiago.

O traballo feito pola antropóloga conta co apoio do Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia, o instituto Campus Stellae e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) e ofrece unha análise de máis de 720 pezas. O resultado desta investigación reflíctese na obra presentada creando unha guía patrimonial distinta que nos traslada a recunchos ás veces agochados dos municipios da Ribeira Sacra. O legado dos artesáns pode case ser un “ xénero propio”, segundo se salientou no acto: os esgrafiados de estilo galego. A recuepración de esgrafiados é un dos obxectivos recollidos no Pacto pola Paisaxe para a Protección, xestión e ordenación do territorio na ärea de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) Ribeira Sacra, impulsado pola Xunta.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra