Martes de Entroido en Santiago da Riba

Chantada
5 Marzo 2019
Cultura
Redacción | 5 de marzo de 2019
O Entroido sempre puido co mal tempo e non foi menos este ano. O martes de entroido estivo marcado polas intensas chuvias que modificaron percorridos e desluciron algo desfiles de comparsas e disfraces nas vilas da Ribeira Sacra. Onde se celebrou case do mesmo xeito, pese a estar pasado por auga, foi na ribeira de Chantada. O Entrorido Ribeirao resistiu unha vez máis e despediu unha tempada con tradicións coma a do choro do ‘Pucho’, que marchou coas súas flores polas hortas ao son dos lamentos das ‘plañideras' na xornada dedicada ás crianzas no campo do Moredo. Alí tamén os ‘oficios’ sacaron o lado traste, cómico e satírico propio destas festas.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis