Medra a ocupación turística na Ribeira Sacra. Entrevista á xerente do CTRS, Alexandra Seara

Ribeira Sacra
10 Setembro 2019
Turismo
Redacción | 10 de setembro de 2019
Un verán moi turístico na Ribeira Sacra. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra facía estes días balance das históricas cifras de ocupación nos meses de xullo e agosto neste xeodestino. As chaves deste salto cuantitativo poderían ser a candidatura do territorio como Patrimonio Mundial, o traballo de promoción feito durante os últimos anos e algunhas accións diferenciadoras como as viaxes en globo e proxectos como a gran escape room que atrae ao turista que procura aventura e valor engadido, sen esquecer as clásicas rutas do románico e o viñobus que agora se prepara para a vendima ou os baños de bosque guiados que están por vir... Cifras que medran e que nos fan reflexionar unha vez máis sobre o turismo que queremos e o que podemos ofrecerlle.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra