Medra a plataforma Interior Galego Vivo

Ribeira Sacra
10 Xullo 2021
Social
Redacción | 12 de xullo de 2021
A plataforma Interior Galego Vivo quere consolidarse e comezar a traballar polo rural dunha maneira máis intensa despois da asemblea deste día 10 de xullo no Courel. Na cuarta reunión dun colectivo integrado por agrupacións locais, asociacións e persoas a título persoal elixiuse unha coordinadora. Está composta por representantes das distintas agrupacións locais, con responsabilidades de coordinación política, organización, finanzas e difusión e formación, que se establecerá neste mes de xullo.

A plataforma Interior Galego Vivo quere consolidarse e comezar a traballar polo rural dunha maneira máis intensa despois da asamblea deste día 10 de xullo no Courel. Nesta cuarta reunión do colectivo integrado por outros colectivos e persoas a título individual así como agrupacións locaios elixiuse unha coordinadora. Está composta por representantes das distintas agrupacións locais, con responsabilidades de coordinación política, organización, finanzas e difusión e formación, que se establecerán neste mes de xullo.

As persoas reunidas fixaron estas asembleas cunha periodicidade mínima dunha vez ano ano rotando o lugar do encontro entre os distintos concellos.

O grupo pretende ir traballando nunha programación para “ garantir dereitos e calidade de vida para a veciñanza das comarcas do interior de Galicia. Algúns dos eixos claros son a defensa de modelos agrogandeiros sustentables tanto ambiental como socialmente. Outra das grandes preocupacións da plataforma é a mellora dos servizos sociais e sanitarios públicos e a súa accesibilidade neste territorio.

Outras ideas esenciias que poñen sobre a mesa é o impulso da economía social. A amplicación  dunha oferta formativa relacionada co sector primario, a mellora do transporte público no interior e cara afora e a aposta por un modelo enerxético descentralizado, público e alonxado da especulación e dos grandes impactos ambientais.

Unha proposta de fiscalidade rural que favoreza o mantemento e asentamento de poboación nestes municipios pretende ser unha das propostas concretas para a mellora da vida aquí a introducir a través dunha modificación lexislativa.

Segundo indicaron nunha nota de prensa “as persoas e colectivos presentes comprométense a continuar tecendo rede, transcendendo o local para coordinarse entendendo que as problemáticas e solucións pasan mesmo por unha coordinación de proxectos cidadáns a nivel europeo”.

A IV Asemblea sumou persoas e colectivos e conta xa con candidaturas e agrupacións locais de persoas dos Concellos de Antas de Ulla, A Pobra de Brollón, Carballedo, Chantada, Chandrexa de Queixa, Ferreira de Pantón, Folgoso do Courel, Laza, Manzaneda, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Quiroga, Samos, Sober, Taboada, Touro, Trives, Vilalba e Xinzo. Participaron movementos veciñais como comunidades de montes, asociacións feministas e viciñais, movementos sociais e plataformas en defensa do ferrocarril e contra proxectos eólicos invasivos, que tiveron voz nesta xornada do Courel.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra