Concellos
Data inicial
Data final
Redacción| 13 de maio de 2019
Moi perto das históricas adegas de Vilachá que nos pasados
días amosaban o seu balbordo, escollemos o Miradoiro da Capela. Outro recuncho
para respirar a paisaxe da #RibeiraSacra na nosa ruta polos miradoiros. Se hai
festa e viño nas adegas é porque aínda queda cultivo neste val sobre o canón do
Sil entre o Val do Frade, Lagares e o Eivedo. Do seu pasado falarán pronto os expertos que estes días escavan na memoria
das pedras da terra e da veciñanza da aldea .
Concello