Mobilidade sostible por terra e auga entre os novos retos do territorio

Nogueira de Ramuín
5 Xuño 2021
Desenvolvemento
Redacción | 5 de xuño de 2021
Equilibrar o modelo de desenvolvemento turístico, reducindo o impacto ambiental e a pegada ecolóxica, ao mesmo tempo que se diversifica a oferta turística é o gran reto para a Ribeira Sacra. A Xornada de Mobilidade sostible celebrada o 5 de xuño en Santo Estevo de Ribas de Sil ocupou horas de ponencias, exposición de proxectos e demostracións con vehículos sostibles tanto terrestres como destinados á navegación fluvial. Un par de días despois de coñecerse que se frea a concorrencia da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco, o traballo sobre aspectos de desenvolvemento parece cobrar aínda máis sentido.

A xornada de mobilidade sostible na Ribeira Sacra celebrada con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente deu para unha sesión onde as propostas e o debate se completaron con exemplos prácticos de promoción de vehículos respectuosos co medio.

O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil foi o lugar escollido para as ponencias que puideron seguirse tamén en liña durante toda unha mañá.

O vicepresidente segundo  e  conselleiro   de   Economía, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e representantes dos concellos da Ribeira Sacra, encabezados polo pdte. Do Consorcio de Turismo Luis Fernández Guitián participaron na xornada e tamén na   demostración de vehículos alternativos.

Dende a Xunta sinalaron que a aposta pola mobilidade sostible por parte da administración autonómica pasa por accións como a posta en marcha dunha liña de axuda coma o Plan Move;   con actuacións na propia Administración como o proxecto de fotovoltaica realizado en San   Lázaro  que   incorporou,   ademais,   cinco   punto   de   recarga   para   vehículos eléctricos;  ou  coa  inclusión de  32  iniciativas na candidatura  galega  dos  fondos europeos Next Generation.

Javier Arias, quen abrou a xornada impulsada polo Consorcio de Turismo quixo destacar o investimento de 850.000 euros no Plan de Sustentabilidade Turística da Ribeira Sacra, no que o Goberno Galego aporta un tercio do total. Por outra banda fixo un repaso pola  execución do Plan Ribeira Sacra 2020-2023, que conta cun orzamento de 34 millóns de euros de diversos departamentos autonómicos e ten previsto presentar un proxecto aos Fondos Next  Generation co obxectivo de captar 40 millóns adicionais.

Arias Fouz explicou que "a pesar da noticia coñecida esta semana de que Xunta e Goberno central acordaron conxuntamente pospor a presentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade ante a Unesco, o traballo debe seguir". Neste sentido sinalou que a Ribeira Sacra xa é un destino turístico consolidado, polo que insistiu na necesidade de traballar aínda máis para chegar á fase final con todas as garantías.

Sinalou a necesidade de seguir avanzando en equilibrar o modelo de desenvolvemento turístico, reducindo o impacto ambiental e a pegada ecolóxica, ao mesmo tempo que se diversifica a oferta turística.

Concello