'Narote', premio ao mellor documental social no FECSC, en Arxentina

Chantada
23 Abril 2020
Memoria
Redacción | 23 de abril de 2020
O filme documental, ‘Narote’, ven de recibir o premio á Mellor Curta Social no Santa Cruz International Film Festival (Arxentina) . A obra, dirixida polo chantadino David Vázquez, conta a historia do último sobrevivente da Revolución de Asturias, Antonio Nieves Ferreiro, un veciño do Saviñao que sufriu a represión do rexime franquista sendo condenado, perseguido e represaliado. Con este premio, o equipo do filme rende outra pequena e merecida homenaxe ao protagonista desta historia, finado o pasado mes de decembro á idade de 106 anos.Un documento que pretende facer xustiza á memoria e á vida dun home que non quixo marchar sen deixar constancia da súa ‘loita incansable’.
O filme documental, ‘Narote’, ven de recibir o premio á Mellor Curta Social no Santa Cruz International Film Festival (Arxentina) . A obra, dirixida polo chantadino David Vázquez (Pinancho Audiovisuais) conta a historia do último supervivente da Revolución de Asturias, Antonio Nieves Ferreiro, un veciño do Saviñao que sufriu a represión do rexime franquista sendo condenado, perseguido e represaliado. 
A curta, que finalmente resultou  gañadora, competía nesta sección (Corto Social) do certame internacional cinema, seleccionada xunto a outras 5 obras de distintos países do mundo:‘CONTROL ‘de Irán; ‘NUCLEUS’ de Alemaña ;‘DOLL’ de Hungria; ‘W’ dende Grecia e SHARED de Perú.
 
Enlace Palmarés FECSC 2020 : https://fecsc.weebly.com/palmares-2020.html

Con este premio, Narote, que foi estreada hai apenas un ano en Chantada e O Saviñao, leva xa na súa carreira en festivais dous premios: xunto a este que ven de Arxentina, tamén o de de Mellor Curtametraxe Documental Internacional no FENACI 2019 en Ecuador. 

O filme, impulsado dende a asociación Airoá Comunicación e que conta cun apoio da Deputación de Lugo acumula ademais dúas mencións especiais do Xurado: na Semana Internacional de Cine de Lugo 2019 e My True History Film Festival nos Ángeles 2020 (EEUU). E, polo momento, ten outras  6 Seleccións Oficiais: 
Etnovideográfica 2019 do Museo Etnografico de Castilla Y León
Fescilmar (Venezuela)
Premis Miguel Fábregues (Sabadell)
Courage Film Festival (Berlín)
Festival Audiovisual de Cine y Vídeo Comunitario (Colombia)
San Antonio Independent Film Festival (Ecuador)

Con este premio, o equipo do filme, que tamén conta coa axuda no guión da xornalista Lorena Gallardo, rende outra pequena e merecida homenaxe ao protagonista desta historia, finado o pasado mes de decembro á idade de 106 anos. Un documento contado en primeira persoa, cunha entrevista á que non foi doado chegar,  e que pretende facer xustiza á memoria e á vida dun home que non quixo marchar sen deixar constancia da súa ‘loita incansable’.
Máis info nesta entrevista: http://airoa.gal/narote-memoria-para-condenar-os-fascismos/
Facebook:  https://www.facebook.com/narotedocumental/
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis