Nenas, nenos! Vai chegar o Apalpador!

Ribeira Sacra
24 Decembro 2018
Cultura
Redacción | Canle Ribeira Sacra 
O día 31 de decembro moitos nenos e nenas van ter unha visita nocturna ben especial. Esa noite o Apalpador e a súa familia van facer un longo percorrido a pé: van baixar do Courel onde viven todo o ano á Ribeira Sacra. Anxo Moure, Veciño de Chantada, é un dos maiores divulgadores desta figura e cun equipo doutras catro persoas percorren a xeografía galega. O Apalpador é unha das figuras míticas do Nadal galego que trae ás crianzas castañas asadas e o máis importante: mensaxes de respecto e coidado da natureza e dos animais non humanos, así como de hábitos de alimentación saudables. Nenas e nenos contemplan con admiración e tenrura a este home do monte que lles apalpa un a un os bandullos entre cantiga e cantiga. A noite de fin de ano recordade deitar ás crianzas cedo e contarlles a súa historia.
Vai-te logo meu ninim/nininha, 
marcha agora pra caminha. 
Que vai vir o Apalpador
a palpar - che a barriguinha. 
Já chegou o dia grande, 
dia do nosso Senhor. 
Já chegou o dia grande, 
E virá o Apalpador. 

Manhã é dia de cachela, 
que haverá gram nevarada 
e há vir o Apalpador 
c´uma mega de castanhas. 
Por aquela cemba 
já vem relumbrando 
o senhor Apalpador 
para dar-vos o aguinaldo. 

(Amadora de Galego, 79 anos, Romeor de Caurel, recollida em Decembro de 1994 por José André Lôpez Gonçâlez. 
Artigo completo aquí
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra