Novos pasos na candidatura da Ribeira Sacra como Reserva da Biosfera

Ribeira Sacra
24 Setembro 2019
Patrimonio
Redacción | 24 de setembro de 2019
 A candidatura da Ribeira Sacra e as serras do Oribio e O Courel será presentada ante a UNESCO antes de finalizar este ano 2019. A Xunta salientou que foron recibidas dúas alegacións no proceso de información pública e, se todo vai adiante, o territorio sería declarado a sétima reserva de Galicia no ano 2021.

A Xunta comunicoulle neste día aos menbros do Comité español do Programa MAB (Home e Biosfera) da Unesco que antes de que remate o ano se lle presentará oficialmente a candidatura da Ribeira Sacra como a  sétima reserva da biosfera de Galicia. Trátase da proposta que inclúe as serras do Oribio e do Courel e segundo comunicou a directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta estanse a concluír os informes  derivados do proceso de información pública, que se abriu o pasado 9 de agosto e xa está pechado. Os plans da Xunta pasan por obter a declaración para o ano 2021.  Aglutina a un total de 23 concellos de Lugo e de Ourense. En total recibíronse dúas alegacións. Galicia   conta   nestes   momentos   con   seis   reservas   da   biosfera   -un   dos recoñecementos de carácter internacional   máis   importantes   en   relación   coa conservación e o uso sustentable do patrimonio- que representan arredor do 25% do territorio da comunidade. Coa incorporación da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, a extensión protexida en Galicia baixo esta figura se incrementaría ata chegar   ao   34%   do   territorio. A zona proposta abrangue os concellos de Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel,   O   Incio,   Monforte   de  Lemos,   Pantón,   Paradela,   A   Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada e Triacastela na provincia de Lugo. Na  provincia  e Ourense   están os de Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín,  Parada de Sil, A Peroxa e A Teixeira. As Montañas do Courel teñen dende hai uns meses a declaración de xeoparque,o primeiro de Galicia. O recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial sería un proceso paralelo, independente do de Reserva de Biosfera.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra