Nuría López, campioa de España de atletismo sobre rodas

Saviñao
13 Marzo 2019
Deporte
Redacción | 13 de marzo de 2019
Nuria López é unha runner cunha intensa historia. Graduada en administración e dirección de empresas, ao que se dedica profesionalmente, tamén puntualmente modelo, veciña do Saviñao e agora campioa de España de atletismo en pista en cadeira de rodas. Participa habitualmente en carreiras populares na Ribeira Sacra cando llo permite o seu traballo na capital madrileña e aquí ten comezado o seu gran reto e a súa loita dende que corría coa cadeira propia ata que pensou adquirir unha handbike. O seu obxectivo era visibilizar ás persoas con distintas capacidades a través da práctica deportiva, e conseguiuno.

Concello