O artista Javier Riera levou a luz da natureza á pedra románica

Pantón
3 Xaneiro 2019
Cultura
Redacción | 3 de xaneiro de 2019
Pensar sobre a nosa relación actual coa natureza en termos de supervivencia e retroceder a como era para os nosos antepasados, totalmente antagónica, foi unha das experiencias que pretendeu trasladar o artista e creador multidisciplinar Javier Riera coa súa intervención luminosa en Pantón.
As paredes da igrexa románica de San Miguel de Eiré, no Mosteiro, foron as elixidas para reflectir os movementos dos cervos ceibos captados por Riera, artista cunha amplísima traxectoria en varias artes e referente nas intervencións en contornos naturais. As modernas técnicas e a pedra espiritual da Ribeira Sacra uníronse nunha chuviosa tarde-noite máxica na que un variado e numeroso público se achegou a coñecer deste xeito unha das xoias patrimoniais da zona. Tamén a xeometría se proxectou sobre a natureza do contorno completando esta singular manifestación da mestura cultura-natureza-patrimonio.

Detrás desta proposta estiveron o Concello de Pantón e A Plantación , un espazo de pensamento e creación a través das artes, xunto á D.O. como colaboradora.

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis