O caldo de ósos, prato principal da festa que exalta os produtos locais

Taboada
4 Marzo 2019
Turismo
Redacción | 3 de marzo de 2019
O caldo de ósos é un prato que gusta, polo xeral, e que esperta a curiosidade de moitas persoas de dentro e fóra da Ribeira Sacra. Non apto para persoas veganas, xa que a súa base son os ósos e a carne de porco, é delicia para xentes de todas as idades amantes das propostas gastronómicas de culler. Tradición culinaria taboadesa onde as haxa, converteuse dende hai 28 edicións nunha festa por todo o alto que pretende por en valor os produtos locais e artesanais ao tempo que reunir na vila a numerosos visitantes coa propia veciñanza nun evento festivo, que se fai coincidir co Entroido.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis