O camiño faise dende a escola

Ribeira Sacra
24 Outubro 2018
Educación
Patrimonio
Redacción | 24 de outubro 2018
Arredor dun milleiro de escolares percorreron o 16 de outubro un tramo do Camiño de Inverno entre O Saviñao e Chantada. Moitas e moitos pisarían por vez primeira  os ‘codos de Belesar’  na que foi unha lección inesquecible na aula aberta da natureza, do patrimonio e da convivencia coa veciñanza máis próxima. Unha experiencia das que deixan pegada na memoria infantil e no territorio serviu para reivindicar esta ruta xacobea. Coa mochila aínda lixeira foron peregrinos/as por un día na III Andaina Escolar polo Camiño de Inverno organizada dende a asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra