O Camiño Francés por Paradela, peregrinar de outono pola Ribeira Sacra

Paradela
16 Outubro 2019
Patrimonio
Redacción | 16 outubro de 2019
Os camiños veciñais, os carreiros do gando, as rutas primitivas, as antigas calzadas romanas, os camiños reais... As sendas que debuxan o territorio mesturan historia, paisaxe, emocións e espiritualidade. Algunhas veñen cargadas de historias do mundo como é o Camiño de Santiago. Puxémonos por un anaco nos pés e na ollada dos/as peregrinos/as que atravesan Paradela a través do Camiño Francés, unha das rutas xacobeas que percorren a Ribeira Sacra, xunto ao Camiño de Inverno. Paisaxe de Outono na cámara de Pinancho Audiovisuais para este vídeo feito pola Canle Ribeira Sacra.
Concello