O Consorcio avoga pola urxencia dun trazado oficial para o Camiño de Inverno

Chantada
5 Marzo 2020
Patrimonio
Redacción | 5 de marzo de 2020
Puntos de Vista. Workshop Internacional sobre Paisaxe no Camiño de Inverno: A xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra foi relatora no seminario internacional sobre o Camiño de Inverno que se celebra esta semana en Chantada. A entidade anunciou que incluirá o Camiño de Inverno como motivo dunha nova Escape Room ao aire libre do programa Búskalo. Por outra banda, a representante deste organismo avoga pola urxencia dun trazado oficial para esta ruta de peregrinación e pola figura dun mediador para xestionar os aloxamentos xa existentes con ofertas adaptadas aos peregrinos/as.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis