O Consorcio presta asistencia ao sector turístico na desescalada

Ribeira Sacra
1 Xuño 2020
Turismo
Redacción | 1 de xaneiro de 2020
Dende o Consorcio manteñen a asistencia personalizada para o tecido empresarial da zona vencellado ao turismo e que arrancou nas pasadas semanas despois da declaración do Estado de Alarma. Este apoio inclúe aos concellos e nos últimos días as consultas refirense sobre todo á aplicación dos manuais de funcionamento na desescalada.  Entidades públicas e privadas teñen a disposición un arquivo de cartelería para os diferentes tipos de establecementos e servizos. Por outra banda, poden solicitar soportes de comunicación personalizados e traducidos a tres idiomas en función das caractacterísticas particulares de cada caso. Cada vez estanse a abrir máis portas neste tipo de lugares e, con isto, increméntanse as consultas e peticións.



A cartelería relacionada coa prevención, compleméntase con infografías sobre o que se pode facer polos visitantes en cada unha das fases e recoméndase que estean en puntos visibles para o público, tamén nas oficinas de turismo xa en funcionamento. Como novidade está un decálogo de recomendacións para visitar a Ribeira Sacra. Por outro lado o Consorcio traballa nunha campaña de promoción que dará comezo nos vindeiros días e tamén nas ferramentas que tentarán completar a imaxe de seguridade do xeodestino.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra