O deporte gañoulle á chuvia na carreira popular de Taboada

Taboada
24 Setembro 2019
Deporte
Redacción | 24 de setembro de 2019
Nin a chuvia nin a baixada das temperaturas puideron coa oitava carreira popular de Taboada. Percorrido con certa dureza, pero calibrado coa femosura dos pazos e carballos que lle dan nome a esta cita, unha das máis emblemáticas da Ribeira Sacra pese a non ser das máis antigas. Un grupo de veciñas e veciños afeccionados ao deporte do atletismo e amantes do benestar son os responsables desta reunión de corredoras e corredores sen idade. Hai categorías dende os máis pequenos da casa deica os premios aos runners máis veteráns e veteranas. O de ir correr é un dos vicios máis saudables e o público sábeo. A cita está dentro do circuíto Miño- Ulla apoiado con fondos Leader e supuxo de novo unha festa do deporte con sensibilidade polo patrimonio e polo medio, unha idea clara dos seus organizadores, a asociación cultural o Carballo co apoio do Concello de Taboada.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis