Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 23 de decembro 2019
Algúns non lembran un outono con tanta auga, o inverno está ás portas e as chuvias non cesan. Os regatos parecen ríos e os ríos baixan cunha forza que engaiola e estremece. A auga dos manantiais parece non ter fin neste tempo e o Miño medra enchendo os encoros ata o seu límite, tanto que non lles queda outra que deixar escapar o torrente río abaixo. A presa de Belesar, unha mole de case 130 metros de altura non pode conter tanta auga, e os aliviadeiros botan espuma pola boca. Un espectáculo hipnótico para quen se para un anaco a mirar.
Concello