O lume máxico das Fachas anunciou festa e identidade en Vilelos

Saviñao
1 Outubro 2019
Patrimonio
Redacción | 1 de outubro de 2019
As mulleres e os homes de Vilelos subiron co lume ao Castro da Besta como cada final do mes de setembro. Fixérono cos fachuzos na man como facían os seus ancestros dende quen sabe cando, pero convencidos de que o Folión de Fachas ten que permanecer xeración tras xeración como símbolo de cultura, de identidade e de vida no rural. Unha festa de interese patrimonial que os/as conecta coa veciñanza de Taboada ou Castro Caldelas, con ritos similares vencellados seguramente aos poboados castrexos, e que fai que os agucios que medran no monte sexan o motivo para unirse e percorrelo xuntos para elaborar cada facha. E para que ningunha casa da aldea quede sen facha e sen xente, alomenos polo día da festa...
Concello