O lume máxico volveu a castelo coa Queima das Fachas

Taboada
11 Setembro 2019
Patrimonio
Redacción | 11 de setembro de 2019
A noite do 7 e madrugada do 8 de setembro celébrase en Castelo a Queima das Fachas. O ritual do lume volve pola festa da parroquia ao castro de Castelo, en Taboada. Este ano, ademais, coa gran fachenda de celebrar o que xa é Ben de Interese Cultura e unha das manifestacions de patrimonio inmaterial que argumentan a candidatura da Ribeira  Sacra a Patrimonio Mundial. A veciñanza foi quen recuperou a chama e reviviu o lume máxico que acende o castro desta parroquia taboadesa para facernos viaxar nos séculos ou milenios dun ritual coa orixe difusa, pero unida a presenza castrexa. Os xigantes fachuzos que arden estáticos e simbólicos rodeando a cima, como se veu facendo dende tempos inmemoriais, veñen de xornadas de traballo e recolleita dos agucios ('Asphodelus albus') nas beiras dos ríos e no monte da zona.  Esta noite, a do lume bo, é posible grazas á transmisión da tradición xeración tras xeración. A singular festa conecta directamentecon outras manifestacións ben similares e próximas no territorio como As Fachas de Vilelos, no Saviñao, ou os Fachós de Castro Caldelas. En ningún lado hai unha explicación exacta do seu significado, que vai dende o práctico ao rito máxico ou relixioso en conexión coa natureza.
Concello
Concello Taboada
Taboada Saber máis